Callón e Jorquera estrean vídeos lanzados por NÓS-Candidatura Galega para as redes sociais
“Para divers@s NÓS” é o primeiro dunha serie de nove vídeos de precampaña que NÓS-Candidatura Galega difunde desde hoxe nas redes sociais, nos que se recorre a un estilo desenfadado e ao humor para explicar propostas do programa ou valores que defende esta candidatura de cara as eleccións xerais do 20D.O primeiro das curtas ten como protagonistas ao cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón, e a Francisco Jorquera, portavoz parlamentario do BNG, -forza política integrada na candidatura de NÓS-, e pretende visualizar a defensa da diversidade e o respecto a todas as opcións sexuais cun bico entre ambos protagonistas. http://noscandidaturagalega.gal/portfolio-tag/diversidade/
Trátase do primeiro dunha serie de 9 vídeos que se emitirán, un cada día, ata o comezo da campaña o 4 de decembro baixo o título xenérico de #ParaVideosNós, que estarán dispoñibles nas redes sociais de NÓS-Candidatura Galega,: https://www.facebook.com/noscgalega, Twitter: @noscgalega, YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=-J1MAbG7fy e na web, http://noscandidaturagalega.gal/.
Todos os vídeos xogan coa sorpresa, co humor e ca parodia para introducir os valores e ideas que representa NÓS-Candidatura Galega, e forman parte dos materiais de precampaña e campaña que están concibidos e executados por artistas galeg@s, co que se busca tamén poñer en primeiro plano a creatividade dos artistas do país, un dos valores que reivindica a candidatura.
Ademais de vídeos, e ata o 20D, empregaranse temas musicais orixinais compostos por artistas que colaboran con Nós-Candidatura Galega, viñetas de opinión e fotografía de autor, que se irán difundido progresivamente ata o día das eleccións xerais.
Gabinete de Comunicación de NÓS-Candiatura Galega
