Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A OPL anuncia manifestacións diante dos centros comerciais

Os representantes da Plataforma informan que conforme pase o tempo e se reciban compromisos firmes por parte das firmas de distribución de trasladarlle o incremento do prezo dos cartóns de leite aos gandeiros, a presión irase cambiando de centro e de localidade.

Indican que as mobilizacións terán carácter indefinido e que serán obxectivo das mesmas os non asinantes do acordo de Madrid e os que,a pesar de asinar, manteñen unha actitude contraria a dito acordo.
A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo comezará un segundo lote de mobilizacións, despois da semana de campaña de información ao consumidor. Segundo explican, as medidas consistirán en manifestacións diante dos centros comerciais, comezado o día 10 de decembro na Coruña.
Anxo Escariz (coordinador OPL-Organización de Produtores de Leite)