A Deputación de Ourense aproba o Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2016

De todas estas modificacións, a única que esixe a adopción de medidas de reordenación de persoal é a de supresión do Servizo de Cooperación, ao ser preciso establecer mecanismos de asignación dos novos postos que lles corresponden aos empregados públicos titulares dos postos suprimidos.
Tamén se aprobou na sesión plenaria o Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación de Ourense e do Inorde no que se fai unha planificación a longo prazo, que abrangue os exercicios económicos 2016,2017, 2018 e 2019. O Plan estrutúrase en sete liñas de acción que son: a cooperación coas entidades locais, o fomento da cultura, o fomento da educación, o fomento do deporte, o fomento do benestar social, o fomento do desenvolvemento económico e o fomento do asociacionismo veciñal.
Outros acordos do pleno
APROBACIÓN DA CONSTITUCIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO PARA MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ORGÁNICO EN RELACIÓN CO ACCESO PRESENCIAL DAS VECIÑAS E VECIÑOS ÁS SESIÓNS PLENARIAS
Acordo:
Que se constitúa un grupo de traballo dentro da comisión de Transparencia e Administración Provincial, formado por un representante de cada grupo político e funcionamento co sistema de réxime de voto ponderado, para elevar ao Pleno nun prazo non superior a dous meses, unha proposta de modificación do regulamento orgánico que estableza as normas que regulen o acceso presencial das veciñas e vecinos ás sesións plenarias.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense