A Federación Ecoloxista Galega felicítase pola aposta a prol da compostaxe por parte da Xunta de Galicia
O anuncio feito desde a Consellería de Medio Ambiente de que repartirá 100000 composteiros por toda Galiza supón a consolidación desta alternativa para a xestión da materia orgánica dentro do futuro Plan de Xestión de Residuos (PXRU) de Galiza 2004-2010 é considerada unha victoria do movemento ecoloxista.
“Logo de que no anterior PXRU de Galiza 1998-2003 a compostaxe estivese proscrita, a actividade dos grupos ecoloxistas en prol da compostaxe (como o programa de compostaxe domiciliaria desenvolvido por ADEGA) conseguiu mudar esa situación” sinalou Tino Quintela, responsábel de Residuos da FEG.
Quintela engade que “desde o ecoloxismo galego esiximos que esta aposta pola compostaxe vaia máis aló da publicidade e que se adiquen os medios económicos e humanos necesarios, xa que o novo PXRU adica somentes 3 €/tonelada á compostaxe, fronte aos 220 €/tonelada que van ir para a incineración”.
Desde a FEG sinálase tamén que a extensión da compostaxe fai inviábel a incineradora de SOGAMA, “Temos que ter en conta que coa compostaxe e a reciclaxe dos diferentes tipos de envases ficaría somentes un 11% de rexeites non incinerábeis” engade Quintela, co que non tería sentido a inversión de 15 millóns de Euros en incineración incluidos no borrador do PXRU.

Federación Ecoloxista Galega