Compostela aporta 220.000 euros para a realización dos fogos do Apóstolo e 140.000 ao festival Cineuropa

Co fin de apoiar diferentes actividades culturais na cidade, aprobouse un convenio co Auditorio de Galicia, por unha cantidade global de 230.000 euros. Esta colaboración inclúe a temporada de teatro e danza, a realización de exposicións, iniciativas vencelladas ás artes plásticas e eventos musicais de diferente estilos (dark cabaret, música francesa e belga, soul europeo e americano, electrónica, rock alternativo, novos talentos do Brasil, música contemporánea…), o 9º premio Auditorio de Galicia para novos artistas, conferencias e lecturas performances; xunto coa programación didáctica e familiar prevista para este ano, a programación de verán e outras iniciativas que se celebrarán durante 2016 tanto no eido musical como no das artes escénicas e visuais.
18 prazas para o curso de posgrao da EAEM
Aprobáronse as bases de acceso ao Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) da Escola de Altos Estudos Musicais para o curso académico 2016-2017. Trátase dun título propio de posgrao da Universidade de Santiago. Para esta nova edición ofrécense 18 prazas: 6 para a especialidade de violín, 2 para viola, 2 para violoncello, e 1 para contrabaixo, óboe, frauta, clarinete, fagot, trompa, trompeta e percusión.
Poderán acceder ao mesmo instrumentistas das especialidades ofertadas en posesión dunha titulación superior. As solicitudes deberán presentarse, unha vez publicada a convocatoria, ata o 20 de maio a través da páxina web da escola -www.eaem.es- e as probas de acceso terán lugar en xuño.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela