O BNG insiste en reclamar ao PPdeG o cese do presidente da Deputación de Ourense
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/baltar_toma_posesion_2015.jpg)
Á espera de coñecer máis datos, o Bloque entende que a citación á vítima pode sentar un precedente negativo para todas aquelas mulleres que poidan estar sufrindo algún tipo de violencia machista e valorando a posibilidade de denunciar aos seus agresores. Na práctica sitúase publicamente á denunciante como acusada o que pode transmitir unha mensaxe de desprotección cara as potenciais vítimas.
O representante nacionalista na Deputación, Ramiro Rodríguez Suárez, lembra que o Bloque “leva décadas denunciando o uso fraudulento das institucións ourensás por parte do clan Baltar, practica que quedou publicamente demostrada como habitual nas gravacións que deron pé ao coñecemento público desta cuestión”. “Desde o BNG reiteramos que cómpren responsabilidades políticas, que as prácticas corruptas de José Manuel Baltar están demostradas e, polo tanto, no merece estar ao fronte dunha institución”, alegou.
Así mesmo, o Bloque lamenta que durante estes meses o Partido Popular mantivese, tanto na Deputación como no Parlamento galego, a negativa a dar explicacións ou aceptar as peticións do BNG de abrir unha investigación por incumprir a Lei galega de violencia de xénero, nunha actitude que proba da falta de respecto ás mulleres.
Gabinete de Comunicación do BNG