O Club Cultural Valle-Inclán cumple cincuenta anos

Con este motivo programamos unha conferencia que será pronunciada por Ricardo Gurriarán, historiador, escritor e director da sección de historia da Fundación 10 de Marzo, baixo o título O asociacionismo cultural en Galicia:
Cultura e lingua como forma de resistencia na ditadura franquista.
Fará un repaso de asociacións culturais, como o Valle-Inclán de Lugo, que supuxeron espazos de liberdade e de profusión, difusión e rescate dos nosos sinais identitarios durante o longo período da ditadura: a cultura e a lingua galega.
Celebrarase o mércores, día 3 de febreiro, a partir das 20,00 horas, no Salón de actos da Casa do Saber, Vicerrectorado de Lugo. O venres, día 12 de febreiro, terá lugar unha Mesa redonda sobre “Asociacionismo cultural en Lugo hoxe”, na que partiaciparán representantes das asociacións: Achádego (Tareixa Campo Domínguez), Antigos Alumnos da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón (Adolfo de Abel Vilela), Cultura do País (Antón Somoza), Fonmiñá (Xulio Xiz), Sociedad Filarmónica de Lugo (José Luis Díaz), e Lugo Patrimonio (Adolfo de Abel Vilela)
Tonina Gay