Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O BNG denuncia colapsos nos servizos de urxencias hospitalarias polos recortes

A situación de urxencias, dixo a deputada, non se soluciona só nestes servizos e baixo a responsabilidades dos profesionais polo que reclamou dotar a sanidade pública dos recursos necesarios, elaborar un protocolo contra os picos da gripe, abrir as unidades de especialización e as camas pechadas , dimensionar as plantillas cos números precisos coa reposición de persoal eliminado, “case 3.000 profesionais” e un plan destinado a mellorar a atención primaria.

Listas de espera en atención primaria

A parlamentaria afirmou que na atención primaria existen listas de espera “dunha semana ou de dez días” o que obriga aos doentes a acudir aos servizos de urxencias provocando unha grande saturación pola falta de recursos, “fundamentalmente humanos”.

Para a deputada, o goberno debe rectificar a súa política porque as urxencias non se colapsan só por picos estacionais, existen denuncias da situación caótica no HULA que mantén pechada unha planta, o novo hospital de Vigo tampouco solucionou a saturación e o servizo de urxencias mesmo rexistrou nun só día a asistencia de 250 persoas, no CHUS a Asociación de doentes tamén denunciou unha situación que mesmo levou aos doentes a permanecer en padiolas nos corredores.
Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, Núñez Centeno atribuíu a saturación nos servizos de urxencias a momentos puntuais e non aos recortes. Ademais dixo, xa existe un plan de continxencia para resolver a saturación neses momentos puntuais polo que anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista.

A parlamentaria volveu a reclamar protocolos “que non existen”, recalcou, e dotar de recursos os servizos de urxencias. Montse Prado acusou ao portavoz popular de seguir a doutrina da anterior conselleira de sanidade que culpabilizaba aos doentes de acudir demasiado a urxencias.

Gabinete de Comunicación do BNG