Galicia xa conta cunha xerencia sanitaria de área única emprazada en Ferrol

O equipo directivo desta nova xerencia, que dirixe o doutor Fernández Ramos, foi presentado aos medios de comunicación, e xa está a desenvolver as súas funcións nos seus respectivos lugares de traballo. A implantación desta primeira xerencia única regúlase nun Decreto mediante o que se establecen os seus órganos de dirección, asesoramento, participación e ámbito territorial.
Esta novo organismo é consecuencia dos dous decretos que recentemente aprobou o Consello da Xunta, mediante os que se estableceron as novas estruturas da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, que permitiran seguir avanzando no deseño e implantación do resto das dirección de área, e que van posibilitar unha modernización e axilización do sistema sanitario público galego coa fin de acadar a máxima calidade asistencial dos pacientes.
En definitiva, estas novas fórmulas organizativas, que está a levar a cabo o departamento que dirixe González Álvarez, son consecuencia dunha visión integradora dos procesos asistenciais baseada na continuidade da atención ao cidadán.
Gabinete de Comunicación Sergas