A Federación Ecoloxista Galega solicita á Consellería de Medio Ambiente o Retraso da tempada de Pesca Fluvial

Efectos sobre especies:
Salmón: Nas migradoras os esguíns e zancados de salmón (adultos reprodutores que volven ao mar) non dan baixado ao non superar as presas debido á falta de auga. A lamprea e reo teñen moitas dificultades para subir polos ríos e desovar na primavera.
Troita:A seca trae consigo que se retrase o desove debido a diminución na dispoñibilidade de alimento e tamén reduce a capacidade de supervivencia. Estes factores dan lugar a que se agudicen os factores de ameaza para as poboacións. A isto debe sumarse o incremento das posibilidades que teñen os pescadores para capturalas.
A Lei de Pesca Fluvial de Galicia (artigos 8 e 9), faculta á Consellería de medio Ambiente a tomar restricións en casos excepcionais hidrobiolóxicas como é o caso deste ano.
A FEG solicita que a Consellería aplique, para o caso da troita, dun aprazamento da pesca da troita e estudar a modificación da orden de vedas publicada o 18 de febreiro. Nestas situacións debe velarse pola conservación dos recursos piscícolas ameazados e non os intereses dalgúns pescadores.
Federación Ecoloxista Galega (FEG)