Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Manuel Baltar, elixido vicepresidente de “Partenalia”, a organización de gobernos locais intermedios de Europa

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi elixido esta mañá en Bruxelas vicepresidente de “Partenalia”, a organización internacional de gobernos locais intermedios de Europa, que ten como obxectivo a innovación, o traballo en rede e representar os intereses dos gobernos locais en Europa.

Na reunión, celebrada hoxe en Bruxelas, na que participa o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o Consello Político de Partenalia presenta diante do Comité das Rexións os principais avances acadados na promoción dos gobernos locais intermedios no que atinxe a transparencia, democratización e bo goberno das institucións.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense