A Eurocidade Tui-Valença congregou a máis de 1.600 ciclistas nas probas da V Eurocidade BTT e da Transgalaica Tui

A Eurocidade Tui-Valença felicita a todos os integrantes da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, pola magnífica organización desta quinta edición da Eurocidade BTT. Tamén agradece a colaboración dos patrocinadores principais Coca Cola, Eurobanan, Maribérica e SportPasión, así como a LusoPrint, VerdeAzul, BiciTui, BikeOcasión, M Bikes, Tramo Libre, Atlas Copco, HobbyBike, DeporBici, BiciOcon, Albergue Villa San Clemente, Hotel Alfonso I, Parque Natural do Monte Aloia, Comunidades de Montes e Entidades Locais Menores por onde pasou o percorrido, e aos voluntarios dos clubs tudenses e valencianos.
Xa onte domingo, 13 de marzo, foron case 400 os ciclistas que se deron cita na segunda proba da Transgalaica, baixo a organización do Club Ciclista de la Fuente e Team Relay. Un minuto de silencio en homenaxe aos ciclistas atropelados o sábado na Guarda, marcou a saída na que os participantes completaron dúas voltas ao circuíto establecido polo Parque Natural do Monte Aloia.
Os participantes puideron disfrutar de pleno o contacto coa natureza, xa que a saída e a meta estaban na zona da Macoca, onde fixeron uso das instalacións deportivas e de lecer que hai no lugar. Neste caso si houbo competición. A vitoria foi para Brandán Márquez do Galicia Enbici-Scott, seguido do asturiano Manuel Carrelo e do líder do circuíto, Javier Busto. Mentres na categoría feminina claro dominio de Lara Lois do C.C.O Grove seguida por Isabel Picoaga e Ana María González.
A Eurocidade volverá ser punto de encontro para os amantes da bicicleta coa Big Ride Eurocidade que se celebrará o 21 e 22 de maio, xunto coa segunda proba do Open de España de Enduro baixo a organización de Sherpa Project. Xa no mes de setembro disputarase o segundo circuíto 12 horas BTT organizado por MTB Aloia e en setembro o Mini BTT Concello de Tui. A estas probas de bicicleta de montaña sumarase en xuño unha competición de bicicleta de estrada.
Gabinete de Comunicación do Concello de Tui