campUSCulturae reflexiona nun simposio internacional sobre a relación cultural entre España e Italia a través das viaxes
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/campus_culturae_logo.jpg)
Ao longo dos días 16, 17 e 18 de marzo están programadas intervencións de investigadores e investigadoras españois e italianos sobre como a literatura e estudos diversos teñen reflectido o concepto das viaxes ou as peregrinacións en distintos momentos das tradicións culturais dos dous países.
O simposio inaugúrase este martes 16 ás 10.00 horas nun acto no que participan o vicerreitor de Comunicación e Organización da USC, Xosé Pereira Fariña; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro, Manuel González; e coordinador do proxecto campUSCulturae, o profesor da USC Xosé A. Neira Cruz. A continuación, a catadrática de Filoloxía Italiana da USC Isabel González pronunciará a conferencia de apertura ‘Dous xeitos de viaxar a Compostela: Cosimo dei Medici, un príncipe piadoso, e Nicola Albani, un peregrino devoto’.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)