Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A empresa "ARIDOS PONTEAREAS, S.L.” renuncia a expropiación da canteira e acepta os prantexamentos dos veciños

O pasado sábado 12 de marzo, os veciños-comuneiros do monte veciñal en man común da parroquia de Xinzo, respaldaron en asemblea as negociacións realizadas coa empresa “Aridos Ponteareas, S.L.” nas que esta aceptou os prantexamentos que sempre mantivo a Comunidade de Montes de Xinzo:


- Cánon de arrendamento por hectárea similar a outras canteiras de áridos.


- Reducción da parcela do monte dedicada a canteira por considerala excesiva.


- Eliminación do tránsito de camións da canteira polas pistas veciñais.


- Retirada do expedente de expropiación.



As primeiras reunións de negociación, contaron tamén coa asistencia de representantes da Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria así como do Concello de Ponteareas.



O resultado do acordo alcanzado e da disposición da empresa para negociar agora cos veciños, só foi posible despois da movilización de toda a parroquia mostrando o seu rechazo á expropiación do monte veciñal para un negocio particular, os veciños de Xinzo, organizados en base a tódo-los colectivos sociais da parroquia, protagonizaron unha das maiores manifestacións da comarca dos últimos anos, abarrotaron o salón de plenos do Concello en dúas ocasións e puxeron de manifesto a gravidade do tránsito de camións polas pistas veciñais. O mismo tempo mantiveron reunións coa Xunta de Galicia(Industria e Montes) e Concello de Ponteareas para expoñer a postura dos veciños favorable a chegar a un acordo como xa o tiñan para outras canteiras, con un contrato xusto, sin privilexios, sin que existiran razóns para a expropiación da súa propiedade.

O acordo, para un plazo de 27 anos, foi apoiado polos comuneiros sin ningún voto en contra, reducindo a parcela solicitada pola empresa en cáseque a mitade, de 180.000 a 93.000 metros cadrados e multiplicando por tres o cánon que viña pagando por hectárea, poñendose en igualdade de condicións coas outras canteiras de áridos.



Os colectivos veciñais de Xinzo queren poñer de manifesto a sua satisfación pola actitude mostrada ante este conflicto polas forzas políticas de Ponteareas.



Os veciños consideran que este resultado foi posible por manter sempre unha postura firme e coherente, buscando un acordo que non puña en perigo a viabilidade da canteira pero con un contrato xusto e solucionando o grave conflicto do tráfico dos camións, celebrando que a empresa cambiase o seu obxectivo inicial da expropiación por chegar agora a un acordo cos veciños.

Coordinadora dos Colectivos Veciñais de Xinzo. Ponteareas