En Marea rinde contas da súa xestión en Madrid nun acto cidadán aberto na Coruña
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/en_marea_rendicion_contas.jpg)
En paralelo o noso labor é trasladar os problemas da xente ás Cortes e propoñer solucións viables aos mesmos. Facémolo desde o mundo real, coa xente que vive os problemas en carne propia, coas entidades que traballan en cada campo, coa xente que loita polos dereitos e a dignidade, e con toda a intelixencia que xa dispón a sociedade para atopar as mellores respostas.
A nosa presenza no Congreso e no Senado está ao servizo da cidadanía galega, agora queremos dar conta do que estamos a facer e que nos digas que che parece, que facemos mal, como podemos mellorar, que novas propostas che gustaría incluír.
Falamos? Cóntanos, propón, pregunta, participa…
En Marea faise en común.
#RutaEnMarea
En Marea