A Deputación de Ourense asume a organización permanente do premio Blanco Amor de novela longa

Precisamente, o xurado desta pasada edición fixo constar o impulso da Deputación de Ourense a prol deste premio, pulo que hoxe tamén destacou o escritor Luís González Tosar, presidente do xurado, e que tamén remarcou o gañador deste ano, o escritor Xavier Queipo, autor da novela Os Kowa. En 2014, cando se cumprían 35 anos do pasamento de Blanco Amor, a Deputación de Ourense asumiu o compromiso de exaltar a figura deste autor, polo que, entre outras accións, decidiuse asumir a organización do premio literario e a creación dunha fundación co nome do escritor para a difusión e valorización da súa obra.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense