A “Casa das Rodas”, “berce do futuro “Museo da Roda de Afiar” previsto para 2017

O presidente do goberno provincial destacou trala visita que Florencio de Arboiro “mantén viva a identidade ourensá” e confirmou que a Casa das Rodas “será o berce do futuro “Museo da Roda de Afiar” que a Deputación porá en marcha en 2017, tal e como figura no Plan Ourense 15-19”.
Sobre a tradición e a importancia que os afiadores tiveron na nosa provincia, Manuel Baltar remarcou que eles “eran auténticos emprendedores, xuntando a creatividade, o traballo e o carácter emigrante que definen a alma dos ourensáns e da nosa terra”, e referíndose a Florencio de Arboiro afirmou que é un “ourensán universal”, “comprometido co noso patrimonio material e inmaterial, nesta "terra da chispa" que debe este alcume aos afiadores, auténticos embaixadores de Ourense”.
Pola súa banda, Jesús de Juana puxo en valor tamén “o traballo de investigación e recuperación de toda esta achega etnográfica e histórica por parte de Florencio de Arboiro ao longo da súa vida”.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense