Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea denuncia o desleixo do PP cos traballadores de Alcoa e insta a Feijóo a reunirse co comité de empresa

Para Yolanda Díaz, que nos últimos meses mantivo varias xuntanzas con representates dos traballadores de Alcoa, "Feijóo debería tomar cartas no asunto e a manter a reunión que o comité de empresa lle solicitou hai máis dun mes para informalo de primeira man dos seus problemas e buscar unha solución política que garanta o traballo local nas factorías. Pero a xulgar pola súa desidia con este sector parece que lle preocupa pouco que se perdan case 2.000 postos de traballo fundamentais para as comarcas da Coruña e da Mariña Luguesa."

En Marea xa trasladou a problemática de Alcoa ao Congreso dos Deputados na anterior lexislatura, cunha iniciativa promovida e defendida pola propia Yolanda Díaz e aprobada pola Comisión de Industria o pasado 29 de marzo. A proposición non de lei esixíalle ao Goberno un sistema alternativo ao das poxas de contratos de interrumpibilidade que cumprise cos requerimentos de ser ambiental, social e galego e que se modificasen os criterios actualmente establecidos por outros máis xustos e previsibles no tempo para que se poidan acometer os investimentos que precisan as plantas siderúrxicas.
Gabinete de Comunicación de En Marea