Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Museo de Lugo acolle unha nova edición do Lugo Numismático

O responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou, xunto con Pablo Núñez, o representante da Asociación Numismática Val de Ariz, a terceira edición do Lugo Numismático 2016.

Ferreiro destacou a importancia deste congreso e a calidade dos seus contidos, con interesantes conferencias que ofrecerán persoas moi destacadas na materia. “A numismática ten un papel moi importante como fío condutor para o coñecemento da nosa historia propia, e isto é fundamental para un País como o noso” sinalou o Delegado de Cultura.

O programa deste Lugo Numismático arrinca o xoves 26 de maio, ás 10:30 horas coa inauguración do proxecto expositivo “Percorridos pola Colección Numismática do Museo de Lugo”, unha exposición elaborada integramente desde a entidade museística dentro do seu programa de investigación que estará exposta no Refectorio do Museo de Lugo durante o mes de xuño, e dispoñible para a súa itinerancia durante a partir de xullo do 2016. O Lugo Numismático 2016 continuará centrándose nesta primeira xornada na cidade de Lugo e visitará nos días posteriores outros espazos, como Samos, o Castro de Viladonga ou o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo