Preséntase a programación da Sinfónica de Galicia que celebra o 25º aniversario
O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou na presentación da nova tempada da Sinfónica de Galicia, centrada na celebración do 25 aniversario do nacemento da orquesta. O edil agradeceu a contribución "decisiva" da OSG, "unha das máis prestixiosas do Estado", ao fomento da cultura musical no municipio, "ateigado de pluralidade e talento", a través da "influencia e o necesario reforzo pedagóxico nos últimos anos impulsado polo Consorcio da Música". "A Coruña é unha cidade rica musicalmente e a Orquesta é unha mostra da súa excelencia, pois creceu dunha maneira profunda, ao incorporar distintos substratos de idade, calidades e outros elementos musicais neste cuarto de século", expuxo o edil, "unha evolución desbordante na que tamén entrou en contacto con outras modalidades artísticas". Neste sentido, o titular de Culturas lembrou o compromiso do Goberno local co proxecto "a través do apoio e investimento" - o Consorcio da Música recibirá 3.695.000 euros este ano, "550.00 máis que en 2015" - a unha programación "insólita e excepcional como a da Sinfónica, á vez que apelou á recuperación "das pluralidades varias que poidan existir" na cidade. "Toda tradición progresista debe defender a vangarda e a experimentación, e a Sinfónica encaixa con outras opcións e necesidades musicais que existen na cidade sendo perfectamente compatibles", dixo.
No seu 25 aniversario, a orquestra realizará a súa tempada de concertos máis longa, na que se incluirá no mes de maio un ciclo no que se interpretarán as nove sinfonías de Ludwig van Beethoven. En total serán 36 concertos de abono e dous extraordinarios en homenaxe ás e aos case 1.700 abonados da entidade que terán lugar os días 15 e 17 de maio, concidindo co 25 aniversario do primeiro concerto, o 15 de maio de 1992. Ademais, en recoñecemento ás e aos seus intérpretes, ao longo da tempada doce músicos da entidade -Massimo Spadano, Juan Ferrer, Diego Zecharies, John Aigi Hurn, Berthold Hamburger, Ruslana Prokopenko, Jesper B. Nielsen, David Villa, Ludwig Dürichen, Scott Mac Leod, Alejandro Salgueiro e María José Ortuño- serán solistas, "un reflexo da evolución da institución", salientou Andrés Lacasa, xerente da OSG, á vez que anunciou que un membro da Sinfónica, José Trigueros "dirixirá un concerto". Na programación destaca a participación tamén das distintas formacións, como o Coro da OSG, a Orquesta Nova e o Coro Novo, e a Orquestra infantil, que actuará por vez primeira; e a realización de dous concertos fóra do programa de abono, nos que se interpretarán O Mesías, de G. F. de Haendel (2 de decembro) e A Paixón segundo san Xóan, de J. S. Bach (8 de xuño de 2017).
Tamén estivo presente no acto, celebrado no Pazo da Ópera, o director titular da Sinfónica, Dima Slobodeniouk, quen destacou a versatilidade do grupo de intérpretes e asegurou que o ciclo sinfónico de Beethoven "será un grande reto para a orquestra e para o público". Slobodeniouk salientou que a tempada "é especial, pero fiel" á liña de programación da orquestra, e destacou a presenza de solistas como Elisso Virsaladze, Nelson Freire, María Joao Pires ou Frank Peter Zimmermann, que abrirá a tempada o 7 de outubro. A contrabaxista coruñesa Uxía Martínez Botana, quen formou parte na súa mocidade da Orquesta Nova da Sinfónica, será unha das intérpretes convidadas dunha tempada que acollerá cinco estreas absolutas e na que participarán voces recoñecidas coma as de Ainhoa Arteta, Mark Stone ou Eugenia Boix.
Ademais de Slobodeniouk, a Sinfónica de Galicia tamén contará nesta tempada de celebración con directores convidados. Collerán a batuta para dirixir á orquestra figuras coma Paul Goodwin, Ton Koopman, José Luis López Cobos ou o seu director de honra, Víctor Pablo Pérez.

Gabinete de Comunicación do Concello de A Coruña