Mundo Líquido exhibe na Igrexa da Universidade imaxes sólidas que recrean unha modernidade líquida

A mostra ‘Mundo líquido’ inaugurarase na Igrexa da Universidade nun acto no que participan a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez, o responsable do Espazo de Fotografía da USC e de Fotoforum Compostela, Fuco Reyes, e todos os fotógrafos e fotógrafos participantes.
Consumismo, exceso de información como fonte da ignorancia, vínculos afectivos cada vez máis fútiles, soidade e vellez como conceptos denostados ou a creación como obxecto de consumo inmediato. Todos estas ideas que reflicten a modernidade da que fala Bauman subxacen na mostra ‘ Mundo líquido’ que se poderá visitar ata o 15 de xullo de luns a venres de 18.00 a 21.00 e os sábados de 11.00 a 14.00 horas.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)