Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Emigración defende unha política de atención integral ós retornados e á diáspora

En referencia ás declaracións dos representantes da Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados e da Asociación Marusía desde a Consellería de Emigración apúntase que o departamento dirixido polo conselleiro Aurelio Miras Portugal, a través da Dirección Xeral de Inmigración da Xunta de Galicia, vén desenvolvendo unha política de atención integral ao colectivo dos emigrantes retornados que se concreta en programas específicos e de axudas públicas e que comprende actuacións tanto no exterior- antes do retorno-, como en Galicia, para favorecer a súa acollida e permanencia na nosa comunidade.

Cómpre salientar o traballo que en prol da inserción laboral dos emigrantes retornados se está a realizar, a través de programas de “formación con garantía de contratación” en colaboración con empresas de implantación na nosa comunidade autónoma, entre eles o “Programa de Formación e Desenvolvemento Empresarial para a Galicia Exterior”e o “Programa de creación e consolidación de empresas”.

Outra das vías propostas a este colectivo é a do codesenvolvemento co obxectivo de promover un sistema combinado de formación de emprendedores e a xeración de axentes de desenvolvemento nos seus países de orixe. Neste punto é destacable igualmente, a participación en iniciativas comunitarias como os proxectos “CONVIVE+” e “CIDADE+”, orientados ao fomento da creación de empresas e á integración de servicios específicos de orientación, formación integral e promoción do emprego para os retornados. Ademais, no eido da contratación, está previsto o deseño dun continxente de traballadores galegos no exterior, co obxecto de facilitar a súa integración no mercado laboral galego, así como a execución dunha bolsa de traballo como servizo de intermediación laboral para os que retornan.

OFICINAS NA EMIGRACIÓN

Se ben nas declaracións realizadas polo portavoz da Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados parece referirse ó inadecuado funcionamento da Rede de Atención e Información para os emigrantes galegos residentes nos países da emigración a Dirección Xeral da Xunta responsable na materia recorda que concretamente desde a Oficina de Atención de Venezuela, situada en la Hermandad Gallega de Caracas, no 2004 se atendían un total de 1.719 peticións de información, das que o 47% correspondían a demandas relacionadas con asuntos sociais, asistenciais e legais; un 23% a información sobre o programa de axudas asistenciais individuais da Xunta de Galicia; e un 21% a informes de carácter socioeconómico. Ademais se realizaron 459 visitas a domicilios e se xestionou o 98% das solicitudes para participar no programa Reencontros e o 100% das solicitudes do programa de axudas asistenciais.

Pola súa banda, en Arxentina, desde a Oficina de Atención e Información no Centro Gallego de Buenos Aires, 9.556 personas foron atendidas desde o programa socio sanitario, 872 familias foros visitadas nos seus domicilios para a realización de informes sociais, ademais de xestionarse 1.378 solicitudes para o programa de axudas asistenciais individuais e o 64% das solicitudes presentadas para Reencontros. Reséñase tamén o esforzo realizado no 2002 por esta misma Oficina, durante a crisis económica no país austral, que incluíu no programa socio asistencial a máis de 20.000 galegos.

Desde a Dirección Xeral de Emigración, engádese ademais que as declaracións verquidas pola devandita Federación respostan á “mala fe” e ó total descoñecemento do importante labor e do recoñecemento do que gozan estas Oficinas, tanto por parte dos usuarios como por tódalas Administracións públicas.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Emigración da Xunta