A obra gráfica de José María Cao, exhíbese na Valente até o 8 de agosto
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/jose_maria_cao.jpg)
“A exposición reúne 40 caricaturas que poñen de manifesto as distintas etapas polas que pasou o seu creador”, dicía o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación. “Obras que permiten admirar o talento e a habilidade dun debuxante excepcional que se erixiu como un dos grandes creadores desta forma de arte no seu tempo”. Pero a influencia de Cao Luaces é tan potente que chega a figuras tan dispares como Castelao ou Quino, motivo polo que desde a Secretaría Xeral de Cultura “existe este interese por divulgar a figura dun galego que foi tan importante no seu tempo e que chegará até a súa localidade natal”, dicía o seu titular, Anxo Lorenzo, na presentación.
Aproveitando a ocasión, alcalde e secretario xeral manifestaron a súa dor pola perda de Agustín Fernández Paz. “A literatura infantil e xuvenil en galego sofre hoxe unha inestimable perda, pero de seguro que entre os seus milleiros de lectores agromará a semente que prantou na súa basta obra e o legado de Fernández Paz terá continuación”, dixo o alcalde.
A obra de José María Cao pode visitarse na sala Valente (Paseo, 20) de martes a sábado en horario de 11:00 a 13.30 horas e de 18:30 a 21:30 horas, e os domingos só en horario de mañá.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense