Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Posicionamento encol de Ence

Nos, a maioría dos científicos e investigadores da Escola de Enxeñeiros Técnicos Forestais da Universidade de Vigo, queremos manifestar públicamente a nosa postura ante a situación creada polo apoio empresarial e dalgúns sindicatos á permanencia da actividade industrial de ENCE no actual emprazamento de Lourizán mais aló de 2018, que é o prazo máximo legal. Este apoio baséase exclusivamente na suposta riqueza xerada pola empresa, que miden de maneira pueril como equivalente ó número de postos de traballo. Moitas actividades ilícitas ou insalubres producen postos de traballo, mais iso non é un argumento válido para permitilas. De feito non é casualidade que os máis fervorosos "axentes de ENCE" vivan ben lonxe da factoría, en Santiago ou Coruña. En Pontevedra, todos sabemos o que é "A cheirenta".

1. En canto as reivindicacións dos traballadores do sector da celulosa,
solidarizámonos coa necesidade, no noso contorno, de postos de traballo dignos e
con retribucións xustas no sector forestal,pero tamén no marisqueiro, turístico, e
outros que son fundamentais na nosa bisbarra. Moitos deles vense seriamente
afectados polo absurdo emprazamento de ENCE en Lourizán-Praceres (qué ironía do
destiño, un lugar tan fermoso que tería que ser un pracer, convertido nunha zona pestilente).

2. Como científicos manifestamos que non existe consenso na nosa comunidade sobre a
inocuidade ou o pouco dano das emisións da papeleira, salientando que as evidencias
apuntan precisamente ó contrario. Non hai que olvidar que ENCE xa foi condenada por
delicto ecolóxico continuado. Queremos lembrar ademáis que a financiación
empresarial das investigacións (como ocurre no caso de ENCE e a nosa Universidade)
é observada con gran recelo na comunidade científica internacional. Os resultados
de tales investigacións únicamente son aceptados logo dunha pormenorizada análise e
discusión, e iso sólo se consigue se son publicados nos foros adecuados (revistas
científicas e congresos internacionais de prestixio).

3. Como docentes preocúpanos o futuro dos nosos estudiantes en tanto que cidadáns e
profesionais. Dende hai máis dun ano funciona na web da EUET Forestal unha bolsa de
traballo dixital, na que hai 15 empresas rexistradas (a 16 de marzo de 2005). Nin
ENCE nin NORFOR manifestaron o seu interés por contratar ós nosos titulados a
traverso desta ferramenta (seguro que despois deste escrito aparecerán "por arte de
maxia" na lista). E posto que ENCE non é, nin de lonxe, a principal canteira de
emprego para eles, apostamos por un desenvolvemento forestal diverso e sostible.
Isto é coñecido internacionalmente como "Ecoforestry", é dicir Silvicultura
ecolóxica. As plantacións de eucaliptos son necesarias do mesmo xeito que
necesitamos plantar patacas ou millo. Sen embargo non son nen bosques nen producen
ningún dos beneficios que os bosques proporcionan á sociedade. Que non intenten
vendernos gato por lebre.

4. Como cidadáns queremos expresa-la nosa ledicia por vivir nun país democrático no
que a xente pode manifestarse, como ocurrirá o día 18 de marzo, e xa aconteceu
noutras ocasións. A represión gubernativa cando a erección de ENCE é historia
pasada e nestes anos de chapapote e guerras polo petróleo aprendimos a levarlle a
contraria ao poder. O venres o poder dos cartos e algunha xente van pasear do
brazo. ¡Alegrámonos por isto! e esperamos o mesmo sentimento no futuro. Como
cidadáns tamén queremos amosa-la nosa preocupación pola participación na extensión
do complexo de ENCE de empresas con historial delictivo ou de graves neglixencias
de seguridade (caso de Georgia Pacific, para máis detalles ver
http://www.foxriverwatch.com/georgia-pacific.html), porque a terra é nosa e temos a
obriga de legala en bó estado aos nosos fillos. Nisto consiste ó desenvolvemento
sostible, algo do que falan moitos polí ticos, pero que lamentablemente ignoran, ou
o que é peor, pervirten para favorecer ós seus amigos. A apropiación de recursos
públicos para intereses privados lémbranos os versos de Neruda,
"No, aire,
no te vendas,
que no te canalicen,
que no te entuben,
que no te encajen
ni te compriman,
que no te hagan tabletas,
que no te metan en una botella."

Oda al aire

Só habería que engadir, que non te use ENCE.

Firmado:
Adolfo Cordero Rivera, Catedrático de Ecoloxía,
Carlos Alonso, Investigador Parga Pondal
Francisco Botana, Titular de Universidade,
Pío González, Titular de Universidade,
Milagros Izquierdo, Titular de Escuela Universitaria,
Mª Eugenia López de Silanes, Titular de Universidade,
Purificación Marcet, Titular de Universidade,
Carlos Souto, Titular de Universidade
Grupo de Investigadores da Escola de Enxeñeiros Técnicos Forestais da Universidade de Vigo