A Igrexa da Universidade de Compostela (USC) acolle a exposición titulada Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago
A mostra inaugúrase o mércores 14 de setembro ás 13.00 horas nun acto no que participarán a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Dolores Álvarez, e o director xerente de S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez.
Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago poderá visitarse de luns a sábado (excepto festivos) ata o 3 de novembro de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas.
Á luz do Calixtino
Cara a 1120-1124 Diego Gelmírez, primeiro arcebispo de Santiago de Compostela, ordena a un grupo de teólogos e ilustradores a compilación do Iacobus ou Libro de Santiago. Esa compilación recibe o nome de ‘Calixtino’ polo interese en simular que o seu redactor fora o papa Calixto II (1116-1124), gran benefactor da Igrexa de Santiago. En séculos seguintes realízanse varias copias completas ou parciais do códice, que reúne a historia da peregrinación a Compostela.
Ademais de varias láminas orixinais do artista Francisco Leiro, que forman parte da primeira versión completa do ‘Calixtino’ en lingua galega, a exposición mostra unha serie de fotografías actuais do camiño de Santiago de artistas como Luis Gabú, Santy López, Manuel Valcárcel, Margen Fotografía, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach, que ilustran a vixencia unha serie de textos orixinais do Liber Sancti Iacobi. Trátase, pois, dunha perfecta maridaxe entre o pensamento do século XII e a vivencia da peregrinación compostelá no XXI.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)