A Real Academia Galega (RAG) analiza a pegada das Irmandades da Fala en Ferrol
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/irmandades_da_fala_centenar.jpg)
Neste ano 2016, no que se celebra o 100 aniversario da creación das Irmandades da Fala, o Real Coro Toxos e Froles leva adiante esta iniciativa na que busca salientar tanto o papel xogado pola nosa Entidade, coma a doutros persoeiros ferroláns, na difusión do ideario irmandiño.
O programa do Congreso está conformado por mesas redondas, charlas e tamén aportacións de investigadores que queiran achegar os seus traballos a través de comunicacións, seguindo as bases do programa.
Analizar a pegada das Irmandades da Fala en Ferrol e na súa comarca e a influencia do coro Toxos e Froles na difusión deste movemento son os obxectivos do Congreso Extraordinario Terra de Trasancos Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala. O propio coro, o Concello e mais a Real Academia Galega organizan este encontro que entre os días 28 e 29 de outubro e que contará cunha conferencia inaugural a cargo do propio presidente da RAG, Xesús Alonso Montero.
O traballo de Xaime Quintanilla, as iniciativas de edición en Ferrol no tempo das Irmandades, ou as primeiras adhesións a este movemento na zona serán obxecto de diferentes mesas redondas. Ademais, está aberto o prazo para comunicacións relacionadas co tema.
Máis información: http://www.toxosefroles.com/joomla/
Toxos e Froles