The Cosmic Dead, Celestial Bums e Siesta!, cabezas do cartel musical de Curtocircuíto
Nesta aposta mutidisciplinar, destaca o programa musical realizado en colaboración con dous proxectos como WOS e La Melona, que comparten con Curtocircuíto o obxectivo de achegar a Compostela propostas artísticas arriscadas e innovadoras.
Da colaboración con WOS, festival de referencia no ámbito estatal pola calidade da súa programación, chegarán os escoceses Cosmic Dead e os cataláns Celestial Bums como destacados cabezas de cartel. Cosmic Dead, banda de rock psicodélico posuidora dun directo demoledor, actuarán o 8 de outubro a partir das 21:30 horas. Acompañados polos portugueses Equations, protagonizarán na Sala Capitol unha das citas máis esperadas do festival.
Por outra banda, Celestial Bums presentarán na recentemente inaugurada Sala Riquela, as súas melodías de psicodelia moderna e líquida, acompañados polos galegos Camarada Nimoy, o xoves 6 de outubro a partir da medianoite. A Sala Riquela acollerá tamén o produto da colaboración entre a asociación cultural compostelá La Melona e Curtocircuíto, nunha noite de psicodelia, rock e ritmos electrónicos a cargo dos valencianos Siesta!, o Dj portugués Dragao Inkomodo e o asturiano Dj Isla del Tesoro.
O abono para os tres concertos pode adquirirse por 17 € na billeteira do Teatro Principal ou en entradas.abanca.com. Pódese consultar máis información sobre prezos, programación e horarios na web de Curtocircuíto.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela