Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Google recoñece o Parque Natural do Monte Pindo e permitirá percorrelo virtualmente

Isto supón un novo chanzo dunha incipiente colaboración entre Google e a Asociación Monte Pindo Parque Natural, que moi pronto dará un dos seus maiores froitos. A entidade carnotá lanza o programaTrekker Monte Pindo, mediante o cal moi pronto vai desenvolver comezar a mapear rutas do Monte Pindo e do seu entorno xeográfico para incorporalas á súa aplicación Google Street View. Isto permitirá que calquera persoa, desde calquera parte do mundo, poderá percorrer as principais rutas do Monte Pindo, e algo moitísimo máis importante para nós: que persoas que polas súas limitacións físicas e psíquicas nunca puideron ascender os seus cumios, agora poderán facelo de xeito virtual.

Está previsto que os traballos de mapeo, é dicir, o percorrido das rutas portando a mochila Trekker de Google, comecen a vindeira primavera. Os traballos faranse con voluntariado seguindo un calendario previamente acordado coa compañía californiana. As persoas que desexen participar no programa Trekker Monte Pindo como voluntariado poden incribirse xa na páxina trekker.montepindo.gal.

Asociación Monte Pindo Parque Natural