El ciudadano ilustre inaugura oficialmente a 30ª edición de Cineuropa na capital galega

El ciudadano ilustre, dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn, narra en clave satírica o retorno dun escritor arxentino, gañador do Nobel, á súa vila natal 40 anos despois de emigrar a Europa. O que se prevé como unha viaxe de pracer devén nunha tensa situación. A película foi merecedora da Espiga de Prata e do Premio ao Mellor Guión na Seminci de Valladolid; e da Copa Volpi no Festival de Venecia, pola impecable interpretación de Óscar Martínez.
Deste xeito comezará Cineuropa, vinte días de cine repartido en seis salas da cidade (Teatro Principal, Salón Teatro, Cinema Numax, CGAC, Sede Afundación e Auditorio de Galicia), nos que se proxectarán máis de 200 filmes. O certame completarase con obradoiros, homenaxes, concertos e encontros con cineastas, actores e guionistas. Pódese consultar o programa completo no sitio web cineuropa.gal.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela