A paisaxe na poesía de Manuel María centra un relatorio na Casa do Saber
A intervención de Pérez Moreira desenvolverase no marco dunha sesión aberta á participación de todo o público interesado e de carácter gratuíto e serve de apertura do ciclo de charlas promovido pola Asociación do IV Ciclo Universitario do campus de Lugo, un programa que terá continuidade ao longo do presente curso académico.A temática escollida para este relatorio permitirá afondar e analizar a relación vital que de sempre mantivo o cantor da Terra Chá coa paisaxe e tamén a incidencia deste feito na súa obra escrita. “Manuel María, ao longo da súa vida, habitou paisaxes sereas e plácidas, pero hai unha constante nas paisaxes da súa vida, xa que en todas elas domina a horizontalidade: nas da súa Terra Chá natal, nas da planicie de Monforte, e nas da beiramar da Coruña, coa chaira mariña como derradeiro horizonte”, sinala Pérez Moreira, quen tamén explicará no seu relatorio as etapas e estados anímicos diferentes que denota o paisaxismo na poética de Manuel María.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
