Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Resumo do publicado no DOG de 21 de marzo de 2005

O Diario Oficial de Galicia publica o luns 21 de marzo, as seguintes disposicións:

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

* PRESIDENCIA
· Lei 3/2005 de modificación da Lei 3/2001 reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

* CONSELLERÍA DE SANIDADE
· Correccións de erros.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

* CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
· Orde pola que se clasifica como benéfico social a Fundación Fuertes.

* CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
· Decreto polo que se acepta a doazón dun escudo heráldico en pedra efectuada por Elvira Álvarez Vega.

* CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
· Corrección de erros.

* CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO
· Resolución da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo pola que se inscribe a Asociación Cultural O Palacio do Rei, no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

* CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
· Resolución da Delegación Provincial da Coruña pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Concello de Vimianzo.
· Resolución da Delegación Provincial da Coruña pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de comercio de mobles.
· Resolución da Delegación Provincial da Coruña pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Caolines de Vimianzo, S.A. (Cavisa).

* CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA
· Resolución pola que se convoca un seminario de normativa sobre armas e explosivos.

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

* CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
· Orde pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.
· Resolución do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 16 (condutor/a), do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fan públicas as puntuacións do 2º exercicio das quendas de promoción interna e cambio de categoría e acceso libre.

* CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
· Corrección de erros.

* CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE
· Corrección de erros.

* UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
· Resolución pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala auxiliar desta universidade, pola quenda de acceso libre.

* UNIVERSIDADE DE VIGO
· Resolución pola que se aproba a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior dos servizos xerais de Investigación.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

* XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE RIBADAVIA
· Edicto.

* XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
· Cédula de notificación.

* XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA
· Edictos.

* XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA
· Cédulas de notificación de sentenzas.

VI. ANUNCIOS

a) Da Administración Autonómica

* CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
· Resolución da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun local situado en Ourense para instalar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
· Resolución da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun local situado en Chantada (Lugo) para instalar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
· Resolución da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun local situado en Chantada (Lugo) para instalar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
· Anuncio do recadador de zona de Lugo polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan.
· Anuncio do recadador de zona da Coruña polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia.
· Anuncio do recadador de zona de Ourense polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan.
· Anuncio do recadador de zona de Pontevedra polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan.
· Anuncio do recadador de zona de Pontevedra polo que se relacionan dilixencias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan.
· Anuncio da Delegación Territorial de Pontevedra polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia.
· Anuncio da Dirección Xeral de Tributos polo que se notifica a resolución da reclamación de terzaría de dominio formulada por Eulogio García Muíños.
· Anuncio da Delegación Territorial de Lugo polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia.
· Anuncio da Delegación Territorial de Vigo polo que se notifican liquidacións de reintegros de pagamentos indebidos aos interesados que se sinalan.
· Anuncio da Delegación Territorial de Lugo polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia.

* CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
· Cédula do Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas de expedientes sancionadores.

* CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
· Resolución pola que se convoca concurso aberto para a contratación do servizo de almacenamento, xestión de expedicións e distribución con entrega en destino do material adquirido para os centros docentes dependentes desta consellería.

* CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
· Acordos da Delegación Provincial da Coruña polos que se someten a información pública as peticións de autorización e as aprobacións dos proxectos de execución das instalacións eléctricas que se citan.
· Resolucións da Delegación Provincial de Pontevedra polas que se autorizan e se aproban os proxectos de execución das instalacións eléctricas que se citan.
· Resolucións da Delegación Provincial de Pontevedra polas que se someten a información pública as peticións de autorización das instalacións eléctricas que se citan.
· Resolucións da Delegación Provincial da Coruña polas que se autorizan e se aproban os proxectos de execución das instalacións eléctricas que se citan.
· Resolución do 1 de febreiro de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas pola que se autoriza e inscribe a Confederación de Empresarios de Ferrol, co número de rexistro EFGT-7, como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención do carné de operador de guindastres torre, no ámbito da provincia da Coruña.
· Resolución da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial pola que se anuncia a exposición do censo electoral para a elección dos vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
· Resolución pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia consistente no asesoramento, seguimento e control das accións de promoción e difusión da sociedade da información, a innovación tecnolóxica e a investigación en Galicia.


* CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
· Resolución pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite ordinario, da edición do libro Cogumelos de Galicia.
· Resolución pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite ordinario, da organización e realización de diversas catas-concurso 2005.

* CONSELLERÍA DE SANIDADE
· Cédula da Delegación Provincial da Coruña pola que se notifica a resolución do expediente sancionador que se cita, por infraccións en materia sanitaria.

* CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
· Corrección de erros.
· Cédulas da Delegación Territorial da Coruña polas que se fan públicas as relación de notificacións de propostas de expedientes sancionadores.
· Cédulas da Delegación Territorial da Coruña polas que se fan públicas as relacións de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores.
· Cédula da Delegación Territorial da Coruña pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores.
· Cédula da Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución de expedientes sancionadores.
· Cédula da Delegación Territorial de Lugo pola que se comunica o acordo de execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas derivadas do expediente sancionador e de restitución e de reposición da legalidade en materia de costas.
· Cédula da Delegación Comarcal de Pontevedra pola que se notifica a apertura e o prego de cargos do expediente sancionador que se cita.

* CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
· Resolución da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil pola que se notifica a resolución de autorización para a celebración dunha tómbola.

* CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
· Resolución da Delegación Provincial da Coruña pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do servizo de limpeza na Casa do Mar de Ribeira.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro do 16 de xuño de 2004, das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo que se cita.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro do 22 de xuño de 2004, das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo que se cita.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai pública a resolución de reintegro do 16 de xuño de 2004, das axudas a autónomos do expediente administrativo que se cita.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai pública a resolución de reintegro do 17 de xuño de 2004, das axudas ILES do expediente administrativo que se cita.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai pública a resolución de reintegro do 18 de xuño de 2004, das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo que se cita.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai pública a resolución de reintegro do 15 de xuño de 2004, das axudas a cooperativas do expediente administrativo que se cita.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai pública a resolución de reintegro do 17 de agosto de 2004, das axudas a autónomos do expediente administrativo que se cita.
· Cédula da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se fai pública a resolución de reintegro do 18 de xuño de 2004, das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo que se cita.

* CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA
· Resolución pola que se convoca a contratación, en réxime de concesión, mediante concurso aberto e trámite de urxencia, do servizo de cafetaría e comedor no edificio da sede deste organismo.

* INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
· Cédula da Área Provincial de Pontevedra pola que se notifica a resolución denegatoria en relación co expediente e a persoa que se relaciona no anexo, devolto polo servizo de correos.

* INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
· Resolución pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de servizos de interpretación telefónica simultánea.

* SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
· Resolución da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela pola que se fai pública a adxudicación da subministración de padiolas de transporte e cadeiras de rodas.
· Resolución da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela pola que se fai pública a adxudicación do servizo de mantemento integral de equipamentos e instalacións General Electric.

b) Da Administración Local

* CONCELLO DA CAÑIZA
· Anuncio da aprobación inicial do Plan parcial do sector industrial S. Urb. I do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Cañiza.

* CONCELLO DE CARNOTA
· Edicto.

* CONCELLO DA CORUÑA
· Anuncio.

* CONCELLO DE FERROL
· Bases do XIV Certame Literario Lingüístico Ricardo Carvalho Calero.

* CONCELLO DA GUARDA
· Anuncio.

* CONCELLO DE LUGO
· Anuncio.

* CONCELLO DE SARRIA
· Anuncio.

* CONCELLO DE TOMIÑO
· Edicto.

* CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
· Anuncio de concurso aberto.

* DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
· Concurso para a contratación do servizo de instalación dunha rede sen fíos no termo municipal da Arnoia.

c) Outros Anuncios

* AXENCIA ESTATAL DE ADMINISTRACIÓN TRIBUTARIA
· Edictos da Delegación Especial de Galicia correspondentes aos contribuíntes que se citan para seren notificados por comparecencia.

* CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A. (CEEI GALICIA, S.A.)
· Anuncio para a contratación, por concurso aberto, de asistencias técnicas para a impartición de accións formativas da Área de Emprendedores deste centro.

* CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA
· Resolución pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a promoción de producións audiovisuais a través da internet.

* REDES DE TELECOMUNICACIÓN GALEGAS, RETEGAL, S.A.
· Anuncio relativo á convocatoria para prover tres (3) prazas vacantes de oficial de comunicacións en Retegal, S.A.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia