O BNG pide ao Goberno que pense nas necesidades de Galiza e abandone as receitas de hai oito anos

A nacionalista afirmou que dende o ano 2009 emigraron 207.000 persoas de Galiza entre os 16 e 35 anos, producíndose un pico no 2015 con 30.000 persoas.
As promesas económicas de Feijóo acabaron sendo “un bluff”, e da igual, dixo que falemos do coche eléctrico, das promesas de Pemex, do concurso eólico ou dos miles de postos de traballo que prometeu porque todo quedou en “auga de borralla”.
Dende o BNG propoñemos un Plan Retorna para a volta da xuventude emigrada destinando 90 M€ a medidas de choque que favorezan a volta de 100.000 mozos e mozas emigradas.
A deputada asegurou que ante a situación de desigualdade e deterioro dos servizos públicos cumpre un novo modelo para o seu rescate co fin de que todos e todas teñamos acceso á sanidade, educación e dependencia priorizando ademais a loita contra a pobreza e apostar por un modelo sustentable que coide do noso medio ambiente.
Nesta liña apuntou algunhas das medias que o BNG propón no orzamentos do ano 2017 entre as que destacou: “ duplicar os orzamentos en I+d+i, con 260 M€ dirixidas á innovación na transformación de actividades primarias, novas oportunidades nas ecotecnoloxías verdes e renovables así como en sectores estratéxicos como a automoción, téxtil ou naval.”
Pontón considerou necesario un plan de choque para rescatar os servizos públicos comezando polo Hospital Álvaro Cunqueiro e Vigo, reducir as listas de espera, suprimir o repagamento sanitarios e repoñer aos traballadores da sanidade eliminados nos últimos anos.
Para as políticas de igualdade e loita contra a violencia de xénero Pontón propuxo o 1% do orzamento total da Xunta.
Un país moderno, engadiu debe contar cun modelo sustentable e para iso é preciso rematar co modelo de SOGAMA. Nós apostamos por plantas de compostaxe que poderían crear 1.500 postos de traballo directos en Galiza, unha aposta estratéxica polo saneamento das rías e un tren de cercanias.
Feijóo debe decidir coller a man dos galegos e galegas ou ir de ganchete de Ana Pastor e Rajoy
A preguntas dos xornalistas sobre as declaracións de Feijóo e os compromisos nesta X Lexislatura, a portavoz do BNG criticou as promesas incumpridas do presidente da Xunta entre os que destacou o acordo para salvagardar as caixas de aforros para despois propiciar a súa venda e o gran acordo de país para contar cunha AP-9 galega e contra as abusivas peaxes. Feijóo aínda non dixo que vai facer por iso propoñemos un fronte común para rescatar aos galegos e galegas dunhas peaxes que son “unha estafa e un imposto á circulación”.
Seguimos coa man tendida para acordos pero pregúntome se Feijóo quere “coller a man que une aos galegos e galegas ou prefire ir de ganchete da Sra. Pastor e o Sr. Rajoy”.
Gabinete de Comunicación do BNG