Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Concello de Ourense estrea novo deseño da súa web municipal, máis transparente e accesible para a cidadanía

O Concello de Ourense vén de presentar a nova imaxe da web municipal. Ourense.gal é mais útil, máis sinxela, práctica, accesible e transparente coa mellora do deseño presentado. “A antiga web databa de 2004, e precisaba unha nova imaxe xa que o xestor de contidos estaba certamente obsoleto e dificultaba a actualización de contidos que unha cidade como esta precisa”, explicaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. “Con esta nova ferramenta, a web pode manterse actualizada polos diferentes departamentos municipais sen maior problema”, dixo.

O deseño inaugura tamén un lugar de encontro entre o Concello e a cidadanía, permitíndolle a esta estar ao día de toda a actualidade municipal. Desta forma, perséguese un dobre obxectivo, en palabras do concelleiro Jorge Pumar, responsable da área de Sistemas de Información: “mellorar a nosa comunicación e gañar en coherencia e efectividade”. O desenvolvemento da nova Ourense.gal ascendeu a 6.060 € (IVE engadida), e inclúe melloras ou novidades coma que grande parte das seccións dse presentan en formato blog, con apertura ás novas canles sociais -o que permitirá unha maior difusión para a cidadanía, así como a posibilidade de compartir a información-; inclúese a xeolocalización con Google Maps daqueles servizos municipais para que os cidadáns os poidan localizar facilmente; haberá unha sección para estar ao día do que fai o alcalde cunha Axenda institucional, pero tamén un O alcalde responde, grazas ao que establece unha vía de comunicación directa para coa veciñanza. Pero tamén haberá espazo plural de difusión: os Grupos municipais poderán informar á cidadanía da actualidade relativa á súa axenda municipal.

Facilitarlle o acceso aos usuarios independentemente da súa condición física o do lugar onde se atopen; permitir o acceso con diferentes navegadores e a través do teléfono móbil, contidos claros ben estruturados e, por riba de todo, mellora da navegación e da experiencia do usuario son outras das melloras desta web que estará aloxada nos servidores municipais e desenvolvida con software libre, o que fai que non estea suxeita a custes de alugueres de servidor nin licenzas de programas.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense