Ábrese na Casa da Cultura de Begonte a mostra do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán

É un total de 19 obras que concorriron á XXVII edición deste Certame de Arte, dotado con 1.500 euros e estatuíña de Sargadelos, e que desde o pasado trinta de decembro ao doce deste mes estiveron expostas na sala de arte da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
En Begonte estarán expostas ata o día 28 de xaneiro (data na que se efectuará a entrega de premios e clausura de O Nadal en begonte), podendo ser visitadas de 9 a 14 horas, en días laborables, na Casa de Cultura begontina.
Fotografía: "Reflejos en el puerto", obra gañadora dunha Mención de Honra neste certame.
Belén de Begonte