Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A USC formaliza a venda do antigo Hospital Xeral de Galeras na capital galega

Nun proceso de poxa pública, esta sociedade presentou unha oferta por valor de 7.195.610 euros. Dentro de dous anos, o 20 de xaneiro de 2019, a USC recibirá o 50% restante máis un incremento equivalente ao interese legal do diñeiro, oficialmente publicado nos Orzamentos Xerais do Estado, aplicado á cantidade aprazada.

No contrato asinado acórdase tamén que no caso de non realizarse o pagamento do segundo prazo na data indicada, a USC recuperaría a titularidade do inmoble retendo, en condición de penalización, un 5% da cantidade desembolsada no primeiro.

O Día do Grupo Compostela é unha efeméride que a rede universitaria aproveita para dar a coñecer o seu labor e actividades a prol das comunidades universitarias. O Grupo Compostela de Universidades (CGU) é unha das redes universitarias constituída arredor do Camiño de Santiago máis prestixiosas do mundo. O seu principal propósito é promover a cooperación e o diálogo en todos os campos do coñecemento. Actualmente conta con 60 universidades de 24 países de Europa e América.

O Grupo organiza actividades dirixidas aos distintos colectivos que forman a comunidade universitaria. Para o persoal académico ofrece a posibilidade de participar en calidade de expertos en proxectos internacionais (principalmente financiados pola Comisión Europea ou a iniciativa das propias universidades integrantes da rede). Ademais impulsa unha concurso de monólogos científicos ou un concurso internacional de vídeo, o programa de mobilidade intercontinental Stella para complementar a formación e desenvolvemento profesional do persoal administrativo e técnico e programas de prácticas internacionais a través de Stella Junior para o estudantando.

Adicionalmente, CGU traballa polo recoñecemento e a promoción internacional da rede e dos seus membros e, con este propósito, organiza o prestixioso Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia. Este galardón que destaca o traballo dunha persoa ou institución en favor da difusión internacional de proxectos ou ideas relacionadas co patrimonio cultural, os valores europeos e a educación.

Xunto con estas iniciativas, o Grupo proporciona acceso a unha base de contactos de universidades ampla e diversa e fomenta enlaces con outras redes, organizacións e institucións oficiais.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela