Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea celebra a proposta de que o aeroporto de Santiago pase a denominarse Rosalía de Castro

En Marea traslada tamén a iniciativa ó Ministerio de Fomento a través do Congreso dos Deputados para que dea resposta á petición unánime de modificar a denominación.

O grupo parlamentario de En Marea aplaude a decisión do concello de Santiago gobernado por Compostela Aberta de solicitar ó Ministerio de Fomento e a Aena a modificación do nome do aeroporto de Compostela para que pase a denominarse “Rosalía de Castro”.

Para En Marea esta exemplar iniciativa aprobada onte por unanimidade en sesión plenaria é un xusto e merecido recoñecemento a unha figura clave na historia da literatura galega, pero o máis importante é que contribúe a normalizar as políticas en igualdade por parte das institucións, chamando a atención sobre a importancia de visibilizar o traballo da muller en todos os ámbitos.

Dando traslado a esa petición unánime da corporación compostelá, o grupo parlamentario de En Marea no Congreso dos Deputados rexistrou esta mesma mañá unha pregunta parlamentaria e máis unha proposición non de lei dirixidas ó Ministerio de Fomento para que aprobe o cambio de denominación neste mesmo ano 2017.

INICIATIVA EN MAREA:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/PNL_AEROPORTO_ROSALI_A_DE_CASTRO.doc
PREGUNTA EN MAREA:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/PREGUNTA_ESCRITA_CAMBIO_NOMBRE_AEROPORTO.doc

Gabinete de Comunicación de En Marea