A Coruña recibe a certificación por ser, xunto con Pontevedra, o Concello máis transparente de Galicia

Durante a súa intervención, o rexedor coruñés deu conta dalgunhas das medidas impulsadas polo Goberno local para abrir o coñecemento da xestión municipal á cidadanía e de cara ao rendemento de contas, que van -sinalou- desde a inclusión de membros dos grupos da oposición na Xunta de Goberno local e na mesa de contratación, á retransmisión en directo dos plenos ou á recente posta en marcha dun portal web transparencia do Concello, no que a cidadanía pode acceder de forma sinxela á información relacionada coa acción de goberno e a xestión da institución local. "A transparencia forma parte dunha nova cultura política, na que o Goberno coruñés seguir afondando como antídoto ao escurantismo, xa que, ademais, forma parte do dereito da veciñanza de estar informada da acción do seu Goberno e a súa Corporación Municipal", salientou Ferreiro.
Gabinete de Comunicación do Concello de A Coruña