Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Cultura e Educación premia a 18 escolares lucenses no certame provincial de poesía sobre o Nadal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiou a 18 rapaces e rapazas que resultaron gañadores da fase provincial do certame de poesía Nadal 2016, convocado pola Biblioteca Nodal en colaboración con outras 20 bibliotecas públicas da provincia.

A entrega de premios celebrouse no salón de actos da Biblioteca Nodal e contou coa participación do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro. Nese mesmo acto presentouse o libro que recolle os traballos gañadores do pasado ano.

O certame premiou este ano a 117 escolares na fase local, na que cada biblioteca recoñece os mellores traballos presentados e remíteos para competir na fase final que se dirime na biblioteca provincial de Lugo.

O delegado gabou a calidade dos traballos premiados e sinalou que o certame serve “para achegar aos rapaces ás bibliotecas”. Ao respecto, destacou “o labor dos bibliotecarios e bibliotecarias, que se implican neste certame e en numerosas iniciativas, que son un elemento de dinamización cultural e social indispensable no seu entorno”.

O xurado da fase provincial acordou outorgar os seguintes premios nas distintas categorías a concurso:

Categoría A (Ata 8 anos):

Joaquín Carrera Fernández. 6 anos. Biblioteca de Foz
Darío López Sanjurjo, 7 anos. Biblioteca de Ribadeo
Eva Vázquez Martínez. 8 anos. Biblioteca Provincial

Accésits:

Ángela García García. 7 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Nerea González Nonide. 8 anos. Biblioteca de Ribadeo
Samuel Prieto Hernández. 8 anos. Biblioteca de Xermade

Categoría B (9 A 11 Anos):

Adriana Fernández Pazó. 10 anos. Biblioteca Provincial
Claudia Carril Caballero. 11 anos. Biblioteca de Lourenzá
Maria Irene Penas García. 11 anos. Biblioteca de Monforte

Accésits:

Yaiza Guisande Fraga. 10 anos. Biblioteca do Saviñao
Adriana Fernández Geada. 11 anos. Biblioteca de Foz
Nara Ramos Freire. 11 anos. Biblioteca de Barreiros
Saul Fernández Fernández. 11 anos. Biblioteca de Sarria

Categoría C (12 a 16 anos):

Julia Rodríguez Menéndez. 12 anos. Biblioteca de Ribadeo
Carís Hernández Eirós. 12 anos. Biblioteca de Ribadeo
Elena Vilela Vázquez. 15 anos. Biblioteca de Sarria

Accésits:

Nuria Devesa Núñez. 12 anos. Biblioteca Provincial
Lucia Rodríguez Lanza. 12 anos. Biblioteca de Foz

Os premios están dotados con estatuíña de Sargadelos, lote de publicacións e diploma. Os accesits, que se conceden pola calidade e cantidade dos traballos presentados, con lotes de publicacións e diploma.

O xurado da fase provincial estivo formado por Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial; María José Gómez, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial de Lugo, e Xulio Giz Ramil, xornalista, que actúa como secretario.



Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia