Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea anima á mobilización a favor do feminismo os días 5 e 8 de marzo

As mulleres de En Marea celebraron un acto de chamamento para animar a participar as mulleres nas mobilizacións arredor do 8 de marzo. As mulleres de En Marea reuníronse na Praza de Abastos de Compostela para animar á participar na manifestación que terá lugar o vindeiro domingo, 5 de marzo, e que terá como punto de saída a estación de ferrocarril de Santiago de Compostela. Tamén se animou a participar o vindeiro día 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, aos paros realizados por mulleres entre as 12.00 e as 12.30 do mediodía.

No acto celebrado na Praza de Abastos, as mulleres de En Marea procedentes da actividade política e con representanción institucional pediron a participaron en todos os actos de mobilización ao tempo que recodaron que son necesarias unhas políticas de igualdade que acaben coa diferenza entre mulleres e homes.

No acto participaron a concelleira compostelana Marta Lois, as deputadas autonómicas Paula Quinteiro, Luca Chao, Ánxeles Cuña, Magdalena Barahona, a senadora Vanessa Angustia, a concelleira de Lalín, Lara Rodríguez, Ana Seijas e Sara Outeiral, xunto co deputado Marcos Cal e o concelleiro de Teo, Nacho Iglesias.
Gabinete de Comunicación de En Marea