Baixa o número de galegos residentes no exterior, según datos do Instituto de Estatística

Así, seguindo a tendencia dos últimos anos, a maior parte das novas inscricións de galegos no Exterior responde a cidadáns que teñen adquirido a nacionalidade española e veciñanza nalgún concello galego como consecuencia da denominada Lei de Memoria Histórica, e tamén existe unha porcentaxe significativa de fillos nados de galegos residentes na diáspora. É dicir, trátase de cidadáns que non emigran, por canto non residían na Galicia territorial.
En cambio, o número de galegos nados en Galicia e residentes no Exterior (emigrantes) redúcese nun 0’40 por cento. Así, en 2015, os galegos nados no territorio e que residían fóra eran 154.071, fronte aos 153.456 de 2016, seguindo a tendencia dos anos anteriores.
Pola contra, os galegos residentes no Exterior xa nados na diáspora (ou incorporados ao PERE por adquisición de nacionalidade) aumentou desde 349.769 persoas a 358.374, un 2’46 % máis.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia