Compostela homenaxea a Miguel Hernández no Día Mundial da Poesía
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou os actos que organiza o Concello para conmemorar o Día Mundial da Poesía, que se celebra todos os 21 de marzo tras a declaración por parte da Unesco en 1999.
Manuel Dios anunciou que "o Concello, dende as súas concellarías de Acción Cultural e de Educación e Cidadanía, queremos sumarnos a estas celebracións facendo un chamamento ao profesorado dos centros educativos e á cidadanía, para que organicen actividades nos colexios e institutos, especialmente, dende os departamentos de lingua". O concelleiro quixo convidar tamén o alumnado de 6º de primaria e da ESO dos centros de Compostela a participar no acto que se celebra o 21 de marzo, ás 11:00 horas, no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
No acto participarán cinco poetas que lerán poemas do escritor Miguel Hernández, a quen a Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados decidiu dedicar o Día da Poesía este ano. Os poetas que participarán serán María do Cebreiro, Rosalía Fernández, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade e Alba Cid.
Ademais, haberá un concerto didáctico a cargo do músico Paco Damas, que comprenderá distintas cancións e a lectura poética por parte dunha representación do alumnado asistente de textos de Miguel Hernández, acompañados por imaxes da súa obra. Esta proposta leva por nome Tristes guerras e quere lembrar o 75 aniversario da morte do poeta, quen faleceu na cadea en Alacante.
Miguel Hernández
Miguel Hernández naceu o 30 de outubro de 1910 en Orihuela, sendo o terceiro de sete irmáns. En 1931 gañou o primeiro e único premio literario da súa vida cun poema de 138 versos chamado "Canto a Valencia". Cando estoupou a Guerra Civil combateu no bando republicano e, finalizada a contenda, intentou fuxir a Portugal, onde a policía de Salazar o entregou á Garda Civil. Morreu na cadea en 1942, con 31 anos de idade, por mor dunha infección por tuberculose.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela