O Concello de Lugo implica á cidadanía no proxecto europeo Lugo+Biodinámico a través da web www.lugobiodinamico.eu
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/lugo_biodinamico_web.jpg)
Esta nova web contén información sobre as actuacións impulsadas polo Concello no marco do programa, documentación, sección multimedia, actualidade, unha axenda, enquisas, networking e un formulario de contacto. Ademais, todos os contidos do mesmo están accesibles en tres idiomas: galego, castelán e inglés.
Enquisa á cidadanía
A entidade local, aproveitando esta ferramenta tecnolóxica, tamén implica aos veciños e veciñas de Lugo no desenvolvemento do proxecto europeo a través dunha enquisa que ten como obxectivo fomentar a participación cidadá no desenvolvemento de estratexias de mitigación e adaptación ao cambio climático na cidade, así como avaliar o nivel de coñecemento e satisfacción do proxecto Lugo+Biodinámico e tamén as necesidades da cidadanía que poderían satisfacerse coa xeración de novas actividades empresariais ligadas ao medio ambiente. A cidadanía pode cubrir a enquisa vía on line, dunha maneira rápida e sinxela, dende hoxe ata o día 30 de abril.
Concello de Lugo