Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Preséntase a XXVI edición da Festa da Filloa de Muimenta

Na presentación do evento participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o alcalde de Cospeito, Armando Castosa; o presidente da comisión organizadora da Moexmu, Daniel Pollán Cabana; o coordinador da Moexmu, José Manuel Rus; e a xefa da Área Provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez.

A festa, que se celebra no recinto feiral Manuel Vila, celebrarase o día 1 de maio e xira en torno á degustación deste produto típico da cociña galega, que se elabora no recinto de xeito tradicional, aínda que tamén se ofrecen outras alternativas gastronómicas como o churrasco e a queimada.

O programa de actos complétase con actividades como actuacións musicais ou una exhibición de adestramento de cans.

A festa comeza ás 9 da mañá coa apertura do recinto feiral e a entrada dos fiolleiros e fiolleiras. A inauguración oficial celebrarase ás 13.30 horas e correrá a cargo do delegado territorial da Xunta; a continuación tomará a palabra a pregoeira, Mari Luz Abella, presidenta da Asociación Española contra o Cancro na provincia de Lugo.

Na presentación do evento participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; o alcalde de Cospeito, Armando Castosa; o presidente da comisión organizadora da Moexmu, Daniel Pollán Cabana; o coordinador da Moexmu, José Manuel Rus; e a xefa da Área Provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia