A Fundación Curros Enríquez adquire o libro Historia do apóstol Santiago, de Mauro Castellá Ferrer

O vicepresidente da Deputación de Ourense salientou a importancia de “recuperar unha xoia bibliográfica galega para o patrimonio literario de Celanova”, quen engadiu que este ano celébrase “o 450 aniversario do nacemento de Mauro Castellá Ferrer, unha gran oportunidade para dar a coñecer a súa obra ao público”.
Pola súa parte, o presidente da Fundación Curros Enríquez sinalou que esta adquisición encaixa no obxectivo da entidade de “dar coñecer e poñer en valor aos nosos escritores”. Asemade, José Luis Ferro dixo que a recuperación deste libro que forma parte “do patrimonio literario da nosa vida” é importante por varias razóns: pola súa antigüidade, porque foi escrito por un celanovés e porque relata aspectos relacionados coa nosa historia sobre as figuras de San Rosendo e San Torcuato, así como unha completa descrición do edificio monacal de Celanova.
O libro conta a historia do Apóstol Santiago e destaca a súa importancia, sobre todo, na batalla de Clavijo incluíndo nela numerosos datos sobre a súa propia biografía persoal, así como sobre a historia de Santiago de Composte e, en parte, tamén de Galicia. O traballo inclúe, así mesmo, unha interesante biografía sobre San Rosendo e unha valiosa descrición do edificio monacal de Celanova denantes da reconstrución da fábrica actual que chegou ata os nosos días.
Antonio Piñeiro explicou que un dos labores que realiza a Fundación Curros Enríquez é “recuperar material que teñan relación coa figura de Curros Enríquez e topamos con esta obra que custaba 900 euros polo que, puxemos en marcha unha campaña de captación de fondos na cal levamos unha hucha ao mercado e recadamos 800 euros, poñendo o importe restante a Fundación”.
A obra estará exposta, a partir da vindeira semana, nunha sala da Casa dos Poetas para que todas aquelas persoas que o desexen, poidan ir visitalo.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense