Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Xunta investirá 902.127 euros para infraestruturas rurais nos 17 concellos das comarcas de Terra de Trives, Terra de Caldelas e Valdeorras

COMARCA DE TERRA DE TRIVES

No concello de Chandrexa de Queixa investiranse 53.027,01 euros no proxecto de acondicionamento da área recreativa de Celeiros.

No concello de A Pobra de Trives investiranse 51.509,91 euros na pavimentación dos accesos aos núcleos de Barrio e O Corra e na mellora do abastecemento e do pavimento de accesos en San Lorenzo.

No concello de San Xoán de Río investiranse 53.353,27 euros no saneamento do núcleo rural de O Aciveiro.

No concello de Manzaneda investiranse 51.217,98 euros na pavimentación do camiño que serve de explotación ás viñas existentes en San Vicenzo.

COMARCA DE CASTRO CALDELAS

No concello de Castro Caldelas investiranse 52.930,81 euros na pavimentación do camiño de A Ponte de Boga á Celeirón.

No concello de Montederramo investiranse 54.990,03 euros na pavimentación da estrada de acceso a Casetas do Rodicio Medón, na de acceso a Cascarballo, na de acceso ao núcleo de A Veiga, na de acceso ao núcleo de Vidalen e na da estrada de Graña a Moas.

No concello de A Teixeira investiranse 41.216 euros na pavimentación no núcleo de A Teixeira e na colocación dunha tubaria nova para a fonte da praza.

No concello de Parada do Sil investiranse 46.582,19 euros na pavimentación dos accesos a Os Fríos, a Valdemiotos e a Teimende.
COMARCA DE VALDEORRAS

No concello de Barco de Valdeorras investiranse 101.456,22 euros na pavimentación do camiño de Ucediños, na dotación de cloradores aos depósitos de auga de Santigoso e Santamariña e na construción dun depósito en Santigoso.

No concello de Larouco investiranse 34.481,53 euros no abastecemento e saneamento da área do polideportivo.

No concello de A Rúa investiranse 50.859,54 euros na pavimentación do camiño de acceso a Somoza.

No concello de Rubiá investiranse 49.891,29 euros na pavimentación du primeiro tramo do camiño Rubiá- Robledo- Porto.

No concello de Carballeda de Valdeorras investiranse 59.816,89 euros no abastecemento, saneamento e pavimentación no núcleo de Pumares.

No concello de A Veiga investiranse 64.898,84 euros na canalización de auga de rego en Casdenodres, na captación e mellora do abastecemento de auga en Os Corzos e na ampliación do alumeado rural en Pradolongo.

No concello de Vilamartín de Valdeorras investiranse 45.569,83 euros na pavimentación, abastecemento e saneamento á rúa Xaime Prada.

No concello de Petín investiranse 37.541,03 euros no saneamento e pavimentación do camiño Iglesia- Malecón.

No concello de O Bolo investiranse 52784.59 euros na pavimentación dos camiños Os Hortos- Celavente e o de acceso a Celavente.

CRITERIOS OBXECTIVOS

A asignación que corresponde a cada concello determinase segundo criterios obxectivos consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Estes criterios fan referencia á poboación e número dos núcleos, á súa superficie, ao número de entidades de poboación de menos de 1.000 habitantes, á despoboación rexistrada entre 1991 e 2003, e á poboación maior de 64 anos.


INAUGURACIÓN

Santiso Miramontes, inaugurou en Teixeira a Adega Pedra do Sol, onde a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural subvencionou o 47% do investimento, que ascendeu a 90.556 euros. O conselleiro salientou que creación desta adega supón “un exemplo nun concello e nunha comarca que é un claro reto do desafío demográfico, que o Goberno galego está a encarar coa posta en marcha do Plan Galego de Desenvolvemento Rural, A Galicia do 2020, que a Xunta presentou este fin de semana no mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil, lindante con esta paisaxe”. A produción da Adega Pedra do Sol produce 7.000 litros de viño acollido á D. O. Ribeira Sacra.

Na súa viaxe, Santiso Miramontes tamén visitou as instalacións da Industria Castañas Rudecas en Larouco, dedicada á comercialización de castañas, setas e outros froitos, e cunhas instalacións nas que a Consellería concedeu unha subvención de 41.408 euros dun investimento total de 88.103 euros. Tamén en Larouco, Santiso Miramontes visitou a Adega Santa María de los Remedios, na que a Consellería participou na posta en marcha das instalacións cunha subvención de 113.933,75 euros. No concello de Rúa o titular de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural visitou a empresa Maderas La Cigarrosa, unha entidade dedicada á transformación da madeira, na que a Consellería subvencionou as instalacións cunha axuda de 129.395 euros o que supón o 35% do investimento total. No Barco de Valdeorras Santiso Miramontes visitou a empresa Segundo Jares, unha entidade dedicada aos servizos ás explotacións agrarias, na que a Consellería concedeu unha subvención de 38.819 euros, o que supón o 40% do investimento total.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia