Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Asamblea Fundacional de Brinquedia

A razón de elexir este lugar e esta data é porque alí se atopa unha das Asociacións Promotoras de Brinquedia (Asociación Recreativa Cultural de Amigos de Sta. Comba da Órrea) e nesta data celebra-se a última xornada da Liga de Birlos ao Canteiro, xogo promovido por esta asociación.
Na mesma asembleia poden participar todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que se atopen traballando ou teñan interese no eido do xogo tradicional galego. No caso de persoas xurídicas, deberán achegar á Asemblea unha cópia da acta do máximo órgao da entidade representada (Asemblea Xeral, se for asociación; Xunta de Governo, se for concello, Consello escolar, se for Centro de Ensino...) na que se aprova a adesión a Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional e na que se nomea ao/á Representante desta entidade diante da Asemblea Xeral de Brinquedia. Entre as entidades promotoras e/ou que ten comprometida a súa presenza, atopan-se asociacións (como a Galega do Xogo Popular e Tradicional, viciñal d’As Eiroás, cultural Os Chaos, cultural Auriense, o Museu etnográfico da Capela...) concellos (como o de Ourense ou Vilar de Santos); centros de ensino (como o CEIP da Capela, o IES de Melide...) ou persoas a título individual (como o investigador do património lúdico Antón Cortizas).
A orde do día será:
1.- Leitura e aprobación -se procede- dos Estatutos.
2.- Outras cuestións.
Posteriormente, hai programado un xantar (para quen queira ficar alá) e a asistencia –apartir das 4 da tarde- á xornada da Liga de Birlos.


Asdo.: lois pardo
BRINQUEDIA.
Rede Galega do Xogo Tradicional

Lois Pardo (Brinquedia. Rede Galega do Xogo Tradicional)