Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O grupo das Cidades Patrimonio da Humanidade promociónase na Feira de Turismo JATA de Tokio

A feira JATA está organizada pola Asociación Xaponesa de Axencias de Viaxe. É un escaparate cara o mundo aberto aos profesionais e ao público en xeral. Xapón é un dos mercados internacionais prioritarios para o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A partir de 2016 rexistrouse un aumento do 5,6% de turistas nipóns debido á revaluación da súa moeda, o ien. O perfil do turista xaponés é de idade media con poder adquisitivo medio-alto. Nas súas viaxes fan tours por diversas cidades nas que permanecen un día ou dous.

Ademais da feita en Xapón, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, realizou en Varsovia unha campaña de promoción dirixida ao mercado de Polonia. Para esta acción, as Cidades Patrimonio contaron coa colaboración da Embaixada Española en Varsovia e da Oficina Española de Turismo (Turespaña).

As quince cidades estiveron representadas nun acto promocional pola alcaldesa de Córdoba e presidenta de turno do Grupo, Isabel Ambrosio. O centro histórico de Varsovia foi inscrito na lista da UNESCO no ano 1980. Na actualidade é un referente turístico e patrimonial de referencia visitado por millóns de persoas cada ano.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela