Caramuxo Teatro presenta Redondo, teatro para bebés de 6 meses a 3 anos

Dende 2003 a compañía de teatro infantil e familiar Caramuxo Teatro crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, contando cunha liña específica na creación de espectáculos para bebés. Dende os inicios mestura diferentes técnicas, teatro de actor, monicreques, danza.. A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo, tratando de ser un referente de producións de calidade, creando espectáculos nos que se consideren aspectos didácticos a nivel cultural ademais do artístico, que consigan a fidelización do público.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres media hora antes do inicio de cada función aos prezos de 3,5€ e 2,5€ no despacho de billetes.
Caramuxo Teatro con “Redondo”.
• Lugar: Teatro Municipal de Tui
• Data: Venres, 10 de novembro, ás 17.30h e ás 19h co aforamento limitado a 100 espectadores por funcións.
• Entradas: á venda, ao prezo de 3,5€ - 2,5€., ata mañá venres ás 12h en www.culturatui.info ou o venres dende media hora antes da función no despacho de billetes.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense