Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea pregunta a Tejerina por que non pediu axudas á UE para paliar os danos dos lumes

“Parece que Mariano Rajoy no conta nada en Europa, pero a cidadanía galega non pode agardar máis despois da vaga de lumes sufrida en outubro”, asegurou o deputado.

En Marea non se explica a “pasividade do Goberno” para facer a “solicitude de fondos europeos para paliar os efectos dos lumes que se produciron fai pouco máis dun mes”.

O Goberno de Rajoy, a través do ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, debería ter solicitado aos seus distintos Fondos e programas do Corpo de solidaridade, para paliar os danos producidos pola ola de incendios que asolaron Galicia e o resto da cornisa cantábrica.

Ademais, En Marea pregunta ao Executivo se, en coordinación coas Comunidades Autónomas afectadas, realizaron unha evaluación rigorosa dos danos directos totais para que a Comisión dispoña de información sobre a magnitude dos danos sufridos.
Gabinete de Comunicación de En Marea