O BNG inicia en Galicia unha ofensiva contra o saqueo das peaxes da AP-9

A nacionalista lembrou que son moitos os sectores económicos afectados polas peaxes pero tamén de maneira individual dos usuarios e usuarias polo que non descartou outro tipo de protestas e presión social “mancomunada con diferentes ámbitos económicos, sociais, políticos e sindicais”. Non podemos ser a “muleta que precisa Rajoy para impoñer o abuso e a nova suba peaxes” e que representan “o dobre da media do Estado.
A dirixente do BNG avogou por: “paralizar as peaxes, levantar o veto á transferencia e iniciar as acción necesarias para rescatar a AP-9 para que volva a ser pública”, porque sería a mellor maneira de frear “esta estafa”.
Por outra parte, lembrou que foi un goberno de Aznar quen decidiu ampliar a concesión até 2048 e vendela a prezo de saldo por 1.500 millóns de euros. “ 1500 millóns dos que non vimos nin un só euro en Galiza”.
Os galegos e galegas tamén temos que saber que desde que Rajoy é presidente as peaxes na AP-9 subiron un 36%, “catro veces máis que IPC” mentres Rajoy nos sube as peaxes da AP-9 un 4%, “rebáixalle os impostos a Audasa un 5%”. Isto significa que nos dous últimos anos, “Rajoy e Feijóo ,perdoáronlle 4 millóns de euros en impostos á concesionaria”.
A preguntas dos xornalistas sobre a visita de Mariano Rajoy a Galiza, o vindeiro sábado, para inaugurar a ampliación da ponte de Rande, a portavoz do BNG cualificou o feito de “tomadura de pelo”. Esa ampliación, insistiu Pontón, non a pagará nin Ana Pastor, nin Rajoy nin Feijóo. “Pagarémola todos e todas as galegas coas peaxes a AUDASA e por respecto a todos os usuarios e usuarias da AP-9, o PP debería cancelar esa inauguración”. No caso de inaugurala, que o fagan as persoas que a van pagar que somos todos os galegos e galegas a través das peaxes, concluíu a portavoz do BNG.
Gabinete de Comunicación do BNG